Friday 17 de May de 2024

Fernández Mouriño humanizará a Nacional 550 polo centro urbano e por Tabeaio para darlle maior seguridade viaria aos peóns


• O actual goberno de Gestal perdeu unha axuda de 1,4 millóns de euros do IDAE para realizar estas obras de mellora da seguridade viaria

• Fernández Mouriño anunciou que tamén recuperará outro dos proxectos de seguridade viaria senlleiros

José Luis Fernández Mouriño apuntou hoxe que humanizará o centro de Carral e Tabeiao recuperando un proxecto esquecido polo actual goberno local, que perdeu unha axuda do IDAE de 1,4 millóns de euros. “Non fixo a obra, perdeu 1,4 millóns, e o peor e que

Carral ten unhas beirarrúas estreitas que non compren a normativa e os veciños e veciñas se xogan a vida todos os días invadindo a calzada”, destacou o popular.

De feito, neste mandado o Partido Popular presentou no pleno unha moción na que instaba a aceptar esta axuda para executar un proxecto importantísimo que transformaría o centro de Carral. “Isto caeu en saco roto para Gestal, polo que perdeu unha axuda millonaria e Carral humanizar o seu centro”, apuntou Mouriño.

Alternativa boicoteou este proxecto por un interese electoralista exclusivamente e agora o paga a veciñanza.

Por outra banda, Mouriño anunciou que tamén recuperará outro dos proxectos de seguridade viaria senlleiros, os pasos de peóns intelixentes, que reducen accidentes e melloran a seguridade viaria e que Alternativa desbotou porque “eran idea dos populares”.